medioambiente_Admin

A Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC participa no proxecto europeo Life-INVASAQUA para facer fronte ás especies exóticas invasoras acuáticas de auga doce

EFEverde para Lifeinvasaqua.-  O proxecto acaba de iniciar o seu desenvolvemento baixo a coordinación da Universidade de Murcia e integrando ademais como entidades asociadas as universidade de Navarra e de Évora, o Museo Nacional de Ciencias Naturais, a Associação Portuguesa de Educação Ambiental, a axencia EFE, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e os Recursos Naturais (UICN ), CSIC, e a Sociedade Ibérica de Ictioloxía (SIBIC). En total o seu orzamento será de algo máis de tres millóns de euros e encádrase no apartado relativo a Campañas de información, comunicación e sensibilización acordes coas prioridades do 7º Programa de Acción Ambiental.

Ademais das iniciativas que se desenvolven en materia de sensibilización, o proxecto deberá desenvolver ferramentas de referencia para a definición de alertas temperás eficientes que permitan mellorar a capacidade de resposta dun xeito áxil fronte potenciais novas especies invasoras en hábitats de auga doce e estuarios. O desenvolvemento do proxecto estenderase ao longo de 5 anos e sustentarase en 80 accións formativas de investigación e de comunicación, coa colaboración de voluntarios sobre o terreo e o apio de ferramentas en liña.

Esta liña de traballo xorde ante a dimensión que ten alcanzado a incidencia das especies exóticas invasoras , “unha das principais causas de perigo e extinción das especies nos sistemas de auga doce”. Os expertos estiman que o impacto económico das EEI ascende a 12 billóns de euros anuais e “os custes dos danos segue aumentando”. En 2014, a UE aprobou un ambicioso marco lexislativo sobre a regulación destas especies que, de implementarse e executarse, podería ser un paso crucial para alcanzar os obxectivos da Estratexia de Biodiversidade da UE para 2020.

Life Invasaqua

SIBIC  LIFE Invasaqua

@lifeinvasaqua


Sobre LIFE17 GIE/ES/000515  Life Invasaqua de la UE.

#EspeciesInvasoras de agua dulce y sistemas estuarinos: Conciencia y Prevención.

Cofinanciado por la UE en el marco de la iniciativa Life  y coordinado por  la Universidad de Murcia,  LIFE INVASAQUA tiene por objeto contribuir a la reducción de los impactos perjudiciales de las ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS (EEI) sobre la biodiversidad mediante el aumento de la sensibilización del público, el aumento de la formación en sectores involucrados y la creación de herramientas para un sistema eficiente de alerta temprana y respuesta rápida (Early Warning and Rapid Response, EWRR) para gestionar sus repercusiones en los ecosistemas de agua dulce y estuarios.

Este proyecto LIFE está coordinado por la Universidad de Murcia con la participación de 8 socios: EFEverde de la Agencia EFE, las UICN-Med, el Museo de Ciencias Naturales-Centro Superior de Investigaciones Científicas, la Sociedad Ibérica de Ictiología (SIBIC), la Universidad de Navarra, la Universidad de Santiago de Compostela, la Universidad de Évora y la Associaçao Portuguesa de Educaçao Ambiental (ASPEA)